13 de maio de 2018

OS MAIOS CO CENTRO DE DÍA "PARQUE CASTRELOS"

O alumnado de infantil e 1º de Primaria celebrou os MAIOS co centro de Día PARQUE CASTRELOS. Tivemos a sorte de que os nosos maiores, como xa é tradición,  viñeran ao noso cole a celebrar o MAIO florido.Compartiron con eles o asubío do maio e como tiñan tantas flores tamén as colocaron nun cesto e nun carro que o acompañaban.Pasámolo moi ben e todos disfrutaron. 
 O alumnado de 1º de primaria rendeulle homenaxe cunha danza acompañada de canaveiras e os de E. Infantil con coplas de maios cantadas.
É unha ledicia ver a relación de respeto,amizade e cariño  entre distintas xeracións.
Moitas grazas a tod@s pola vosa visita.


Ningún comentario:

Publicar un comentario