11 de febreiro de 2017

VISITA DO CENTRO DE DÍA PARA MAIORES "PARQUE DE CASTRELOS"

O xoves 26 de xaneiro recibimos a visita dos usuarios e usuarias de "Parque Castrelos". Para nós foi unha experiencia moi emotiva pois tratábase dun encontro interxeracional que espertaba sensacións moi positivas por ámbalas partes. Nós ofrecémoslle como petisco varias actuacións que conformaron a gala do noso Festival de Nadal. O alumnado de 4º a obra de teatro "A burriña de Belén", o alumnado de 2º a canción de "Buscando o Señor Manuel" e 6º curso unha representación que versaba sobre o Coliseo Romano. Por último os nenos e nenas de 3 anos ofrecéronlle a súa compaña con biscoito. Haberá novos encontros durante este curso neste caso no seu centro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario