27 de outubro de 2016

SAMAÍN

Ao longo da pasada semana solicitamos a colaboración das familias para personalizar e decorar un morcego. Así de fermosa quedou o noso corredor de entrada!






Para este "finde" mandámoslle aos rapaces un aviso mediante o tokap dos pais no que lle pediamos cabazas adubiadas para adornar o cole, lembrando a vindeira festa do samaín.
Algúns non trouxeron pero outr@s sí e velaquí vos imos mostrar algunhas delas:







26 de outubro de 2016

VISITA DOS AVÓS

Este pasado venres recibimos en oralidade galega a visita dun avó e unha avoa que nos viñeron falar de cómo era a escola cando eles tiñan os anos dos nosos alumnos e alumnas. Estes foron protagonistas facéndolle moitas preguntas ao respecto.
Ao final compartimos entre todos e todas uns cuncos de arroz con leite.






Moitas grazas aos nosos avós!

25 de outubro de 2016

BENVIDA

Benvida ao novo curso 16/17.

Este ano temos preparadas moitas actividades para compartir con vós.


Queremos compartilas con todos e todas e por iso estamos tan contentos de que esteades diante do computador .